Matelecturas

Imos a ler!!!!!

Aínda que moita xente tende a ver as matemáticas como opostas á lingua e á literatura, hai moita interrelación entre elas. De feito traballan xuntas: as matemáticas axudan a construír habilidades lingüísticas e a lingua sustenta a aprendizaxe das matemáticas. A parte de traballar para cumprir os obxectivos establecidos no Proxecto Lector e colaborar na Hora de ler, dende aquí ofrecemos aos alumnos recomendacións de lecturas relacionadas coas matemáticas para ir pouco a pouco introducíndoos no mundo dos libros.
Nesta presentación tedes as portadas de moitos libros relacionados coas mate que podedes ler, non están clasificados por niveis porque depende moito se o alumn@ é "bo lector". A información do nivel educativo non que se recomenda ler aparece en internet pero tamén podedes preguntarlle a Sonia e ela xa vos indica.